O outro día púxenme a trastear un pouco co Virtual Box, porque tiña gañas de probar a nova Lubuntu. Cando xa tiña máis ou menos todo configurado, PAMBA!!, sáeme o erro Kernerl driver not installed (rc=-1908). Pois nada a googlear… e googleando apareceu a solución.
Como root executamos /etc/init.d/vboxdrv setup e sáenos a seguinte mensaxe:
* Stopping VirtualBox kernel module * done.
* Recompiling VirtualBox kernel module
* Look at /var/log/vbox-install.log to find out what went wrong
Pois iso mesmo imos facer! vim /var/log/vbox-install.log e ao final deste ficheiro buscamos unha mensaxe con isto: KERN_DIR=<directory>
Aí podemos ver cal é o problema que estamos tendo. E dicir neste caso tratase dun problema co directorio das cabeceiras, polo que antes de nada vamos asegurarnos de que temos as cabeceiras correctas instaladas para o que executamos como root:
apt-get install linux-headers-`uname -r`
e agora só falta configurar correctamente o directorio das cabeceiras con
KERN_DIR=/usr/src/linux-headers-`uname -r` /etc/init.d/vboxdrv setup
E listo, xa temos o Virtual Box furrulando!








