Celebrouse a asemblea fundacional da “Asociación Cultural para a Galeguización
de Software Libre Proxecto Trasno”
Logo dun período de valoración e redacción dos estatutos, o Proxecto Trasno
(www.trasno.net), que traballa dende o ano 2000 na localización de software
libre ao galego, avanzou na súa constitución como entidade legal. Reunidos en
Santiago de Compostela a día 17 de Outubro de 2009, acordouse a fundación da
“Asociación Cultural para a Galeguización de Software Libre Proxecto Trasno” e
elixiuse a primeira directiva. A nova asociación pretende amparar técnica e
legalmente a toda a comunidade de localización galega.
A misión fundamental da asociación será fomentar o galego no software libre,
realizar e promover a localización de software así como difundir o traballo
realizado, prestar servizos os que a comunidade de localizadores precise, e
formar a novos localizadores. Tamén, no campo terminolóxico, a asociación
pretende recompilar, elaborar e asentar un estándar coherente do galego nas
novas tecnoloxías.








