Santa Liberdade

O Recuncho de Roi Xordo

Migrar un servidor físico a unha máquina virtual con Xen Marzo 22, 2010

Arquivado en: Software Libre — roixordo @ 12:51 pm

Para migrar un servidor físico a unha máquina virtual, o primeiro paso será facer unha copia de seguridade do disco do servidor físico.

Neste caso o disco está da seguinte forma:

Filesystem Size Used Avail Use% Mounted on

/dev/sda1 11G 4.3G 5.7G 44% /

/dev/sda2 136G 4.6G 124G 4% /datos

/dev/sdb1 147G 81G 60G 58% /mnt/disco2

/dev/shm 754M 0 754M 0% /dev/shm

E só me interesa / e /datos polo que só vou copiar estas dúas particións, e fareino de forma que copie os datos na maquina onde vai estar aloxada a maquina virtual:

tar -clp / | ssh root@x.x.x.x ‘gzip > /home/usuario/server.gz’

tar -clp /datos | ssh root@x.x.x.x ‘gzip > /home/usuario/server_datos.gz’

(máis…)

 

Trasteando con Virtual Box Marzo 11, 2010

Arquivado en: Software Libre — roixordo @ 9:28 am

O outro día púxenme a trastear un pouco co Virtual Box, porque tiña gañas de probar a nova Lubuntu. Cando xa tiña máis ou menos todo configurado, PAMBA!!, sáeme o erro Kernerl driver not installed (rc=-1908). Pois nada a googlear… e googleando apareceu a solución.

Como root executamos /etc/init.d/vboxdrv setup e sáenos a seguinte mensaxe:
* Stopping VirtualBox kernel module                                             *  done.
* Recompiling VirtualBox kernel module
* Look at /var/log/vbox-install.log to find out what went wrong

Pois iso mesmo imos facer! vim /var/log/vbox-install.log e ao final deste ficheiro buscamos unha mensaxe con isto: KERN_DIR=<directory>
Aí podemos ver cal é o problema que estamos tendo. E dicir neste caso tratase dun problema co directorio das cabeceiras, polo que antes de nada  vamos asegurarnos de que temos as cabeceiras correctas instaladas para o que executamos como root:
apt-get install linux-headers-`uname -r`
e agora só falta configurar correctamente o directorio das cabeceiras con
KERN_DIR=/usr/src/linux-headers-`uname -r` /etc/init.d/vboxdrv setup
E listo, xa temos o Virtual Box furrulando! ;)

 

Como obter un ficheiro PO e un TMX coa tradución do Thunderbird 3 a partir dos ficheiros dtd e properties Decembro 16, 2009

Arquivado en: Localización,Software Libre — roixordo @ 11:32 am

Descargamos o ficheiro thunderbird-3.0.tar.bz2 para o galego e máis para o inglés americano (en-US).

Descomprimimos cada un nun cartafol distinto, por exemplo thunderbird3-gl e thunderbird3-en-US

Dentro desas carpetas temos que buscar os seguintes ficheiros: gl.jar e en-US.jar que conteñen os ficheiros coa distintas traducións.

Descomprimimos (unzip gl.jar) cada un destes ficheiros en cadanseu cartafol. Ao descomprimir aparécennos dous cartafoles chamados locale que á súa vez conteñen un cartafol gl e outro en-US. (máis…)

 

Como engadir repositorios en openSUSE 11.2 Novembro 13, 2009

Arquivado en: Software Libre — roixordo @ 12:47 pm

opensuse_logoRecen instalado o meu novo e flamante openSUSE 11.2, dispúxenme a instalar o aMule e arggg!! isto non ten apt!!

Xa non me acordaba deste detalle, pero que se lle vai facer, non pasa nada. Así que funlle preguntar ao me amigo Mr Google a ver que pasaba con isto do openSUSE, como demo funciona o tema dos repositorios.

O máis interesante que atopei foi unha páxina de paquetes para openSUSE chamada packman.links2linux.org, o realmente interesante desta web é que podes engadila como repositorio para openSUSE. Como se fai isto? Pois fácil e para toda a familia! (máis…)

 

Fundouse oficialmente a Asociación Proxecto Trasno Outubro 19, 2009

Arquivado en: Localización,Software Libre — roixordo @ 10:34 am
Tags:

Celebrouse a asemblea fundacional da “Asociación Cultural para a Galeguizaciónlogo_trasno
de Software Libre Proxecto Trasno”

Logo dun período de valoración e redacción dos estatutos, o Proxecto Trasno
(www.trasno.net), que traballa dende o ano 2000 na localización de software
libre ao galego, avanzou na súa constitución como entidade legal. Reunidos en
Santiago de Compostela a día 17 de Outubro de 2009, acordouse a fundación da
“Asociación Cultural para a Galeguización de Software Libre Proxecto Trasno” e
elixiuse a primeira directiva. A nova asociación pretende amparar técnica e
legalmente a toda a comunidade de localización galega.
(máis…)

 

Saíu Unknown Horizons 2009.1 Xullo 22, 2009

Arquivado en: Software Libre — roixordo @ 10:47 am

Unknown HorizonsUnknow Horizons é un proxecto con licenza GPL que anteriormente foi coñecido como Open Anno, e está baseado na mítica saga de Anno (1602, 1503, 1701 e 1404), o popular xogo de Ubisoft. Este é un xogo multiplataforma que está dispoñíbel para Windows e para GNU/Linux x32 e x64, é un xogo de estratexia en tempo real no que o obxectivo e facer prosperar a nosa propia civilización dende os seus albores. Para conseguir este obxectivo poderemos administrar os servizos de saúde, os impostos, a diplomacia, construción de edificios e demais infraestruturas , etc.

Esta nova versión, denominada Unknow Horizons 2009.1, conta con bastantes novidades das que destacan:

  • Nova interface de usuario
  • Compatibilidade multilingüe con Gettex
  • Novo tema musical
  • Construtor de novas naves
  • Engadidos os gráficos do cazador
  • Gráficos mellorados, como os dos habitantes
  • Melloras no rendemento
  • Engadida a opción de gardar e cargar xogos

(máis…)

 

Liberado 0 A.D. un xogo de estratexia en tempo real con alta calidade 3D Xullo 18, 2009

Arquivado en: Software Libre — roixordo @ 9:49 am

Os entusiastas dos xogos de estratexia en tempo real están de en hora boa, xa que a empresa Wildfire Games acaba de anunciar que libera o código do seu xogo 0 A.D, nun intento de contar con desenvolvedores independentes para que axuden a rematalo e estendelo máis alá dos plans orixinais do proxecto.0 A.D.

0 A.D é un xogo similar ao famoso Age of Empires ou ao Imperium pero a diferenza con estes é que o seu código está agora liberado baixo licenza GPL v2.0 e todos os seus contidos artísticos baixo a CC-BY-SA. Entre as características deste xogo podemos destacar as seguintes:

  • Fidelidade histórica
  • Seis civilizacións diferentes
  • Estacións do ano e cambios meteorolóxicos
  • Provincias e territorios
  • Mapas realistas
  • Guerras navais moi reais
  • Editor moi completo
  • Varios modos multixogador

Este xogo baseado na historia leva en desenvolvemento dende o ano 2001, e ten xa 150.000 liñas de código C++. Polo momento, o proxecto está en estado Alpha, e os instaladores aínda non están dispoñíbeis, pero pódense atopar as instrucións para compilalo en GNU/Linux, Mac OS e Windows.

(máis…)

 

Os complementos de Firefox na realidade. Xullo 16, 2009

Arquivado en: Software Libre,Temas Varios — roixordo @ 8:30 am

Agora que está tan de actualidade o Firefox, debido á recente liberación da súa versión 3.5, paréceme un bo momento para darlle un toque humor ao tema, e coa axuda do meu amigo Google atopei esta curiosa captura, que reflexa bastante ben o como son os complementos do Firefox.

firefoxplugins

(máis…)

 

Ordes utiles para GNU/Linux Xullo 15, 2009

Arquivado en: Software Libre — roixordo @ 12:10 pm

Agora que estamos no verán e chega a hora de gozar dunhas merecidas vacacións, polo que  temos máis tempo para trastear co noso computador, déixovos aquí unhas poucas ordes útiles (ou polo menos para min)para GNU/Linux:

apt-get install xserver-xorg -> Instala o servidor X

dpkg-reconfigure xserver-xorg -> Reconfigura o servidor X

glxinfo | grep direct -> Comproba se está activada a aceleración 3D

history -> Saca por pantalla as últimas 500 ordes

mount -o loop -t auto imaxe.iso /directorio -> Monta unha imaxe

dpkg -l -> Mostra todos os aplicativos instalados.

(máis…)

 

DJL, a plataforma de xogos para GNU/Linux. Xullo 6, 2009

Arquivado en: Software Libre,Temas Varios — roixordo @ 10:51 am

DJLOs amantes dos videoxogos xa teñen unha nova e interesante alternativa para GNU/Linux, o DJL(Dépôt jeux linux), unha plataforma de videoxogos, inspirada na famosa plataforma Steam de Valve.

Este aplicativo, que conta con licenza GPL, permite centralizar a nosa colección de xogos, e pode acceder a un amplo listado de xogos para GNU/Linux, xa que actualmente están dispoñíbeis 104 xogos. Ademais o DJL conta cun lector de novas sobre videoxogos para GNU/Linux cos principais sitios do sector. A súa interface gráfica, que esta dispoñíbel en 9 idiomas, entre os que se atopa o galego, ofrécenos actualizacións automáticas e unha sala de chat, onde os usuarios poden coñecerse e organizar as partidas. Ademais permite listar os xogos por categoría o que facilita a busca dun xogo determinado.

(máis…)

 

 
Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.